Luis López destaca o compromiso da Deputación coa lingua galega
Por Redacción
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reforzou os lazos que unen ao organismo provincial coa Real Academia Galega (RAG) nun encontro institucional co presidente Víctor Freixanes; e a tesoureira, Fina Casalderrey.
A reunión serviu para abordar asuntos de interese mutuo e coñecer os proxectos que a RAG ten en marcha e os seus principais retos de futuro.
Neste sentido, o presidente provincial informou aos dirixentes da Real Academia da vontade de seguir colaborando coa institución; unha senda que ten como obxectivo avanzar na protección e difusión do galego a través do apoio a diferentes proxectos, moitos deles centrados na toponimia e na onomástica, así como a dar a coñecer a obra de autores que destacaron polos seus traballos feitos en galego.
Ao mesmo tempo, o encontro serviu para remarcar a importancia que o goberno da Deputación de Pontevedra lle outorga á normalización lingüística a través de medidas como subvencións a entidades sen ánimo de lucro para promover publicacións en lingua galega.
Relacionadas:
-
A Gala do Emprendemento SmartPeme premia a Salmoira
Por Redacción |
-
As letras galegas florecen en cada recuncho da Boa Vila este mes de maio
Por Oskar Viéitez |
-
Lectura continuada de 'A República dos Sonhos' en homenaxe a Nélida Piñón
Por Redacción |
-
Maio comeza con contacontos ilustrados no Museo nun mes dedicado a Luísa Villalta
Por Redacción |
-
Poesía, baile, música, teatro e contacontos na programación de maio de 'Sanxenxo fala'
Por Redacción |