Gustavo Dacal, seleccionado para a súa primeira competición internacional como atleta paralímpico
Por Redacción
Avance importante na carreira de Gustavo Dacal co obxectivo de progresar na súa nova condición de atleta paralímpico.
O deportista de Ponte Caldelas, múltiple campión nacional de xavelina durante os seus anos como atleta profesional, terá este próximo mes de abril a súa primeira oportunidade de sumar puntos na clasificación internacional cos que achegarse aos grandes eventos europeos e mundiais.
Farao no Marrakech 2024 WPA Grand Prix - 8th International Para Athletics Meeting, que será a súa primeira competición internacional tras estrearse no atletismo adaptado en varias citas organizadas polo seu club, o Atletismo Rías Baixas-
Dacal competirá en Marrocos nun Meeting que se celebrará entre os días 21 e 28 de abril.
Relacionadas:
-
O Club Atletismo Rías Baixas crea o I Criterium Gustavo Dacal
Por Diego Espiño |
-
Décima edición da Milla Solidaria Anedia e récord de España en xavelina adaptada
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Lanzadores como Gustavo Dacal e Frank Casañas transmiten a súa paixón polo atletismo en Caritel
Por Redacción |
-
Competir nos Xogos Paralímpicos, obxectivo de Gustavo Dacal tras regresar a España: "É un novo comezo en circunstancias diferentes"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Atletismo Rías Baixas crea unha sección de deporte adaptado e pide que se habilite unha especialidade no CGTD coordinada por Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal xa está Galicia para continuar o seu tratamento
Por Oskar Viéitez |